lunes, 16 de junio de 2008

papirO matemáticO máis antigO :

O Papiro de Ahmes é un documento escrito nun papiro duns seis metros de lonxitude e 33 cm de anchura, nun bo estado de conservación, con escritura hierática e contidos matemáticos. Tamén se lle coñece co nome de Papiro Rhind.

Foi escrito polo escriba Ahmes aproximadamente en 1650 a. C., a partir de escritos de douscentos anos de antigüidade, segundo reivindica Ahmes ao principio do texto, aínda que resulta imposible saber que partes do papiro corresponden a estes textos anteriores.

Atopado no século XIX, entre as ruínas dunha edificación de Luxor, foi adquirido por Henry Rhind en 1858. O seu contido data do 2000 ao 1800 a. C. e custódiase desde 1865 no Museo Británico de Londres, aínda que actualmente non está exposto (EA 10057-8).

Contén 87 problemas matemáticos con cuestións aritméticas básicas, fraccións, cálculo de áreas, volumes, progresións, reparticións proporcionais, regras de tres, ecuacións lineais e trigonometría básica.

Nel atopamos o tratamento das fraccións. Non se considera as fraccións en xeral, só as unitarias (inversas dos naturais: 1/n) que se representan cun signo oval (jerogífico R) encima do número, a fracción 2/3 represéntase cun signo especial e nalgúns casos fraccións do tipo n / n + 1. T
Trataban de utilizar preferentemente fraccións unitarias menores que 1 / n.

Hai táboas de descomposición de 2 / n desde n = 1 ata n = 101, por exemplo:

2 / 5 = 1 / 3 1 / 15 ou 2 / 7 = 1 / 4 1 / 28.

Non sabemos por que non utilizaban 2 / n = 1 / n 1 / n

Ao utilizar un sistema sumativo, a notación é: 1 1/2 1/4. A operación fundamental é a suma e as multiplicacións e divisións facíanse por "duplicación" e "mediación"; así: 69 x 19 = 69 x (16 2 1), onde 16 representa 4 duplicacións, e 2 unha duplicación.



pois aquí queda isto por hoxe :D
ata outra!!