primeira entrada =)
Historia das mates: O termo matemáticas vén do grego "máthema", que quere dicir aprendizaxe, estudo e ciencia. E xustamente as matemáticas son unha disciplina académica que estuda conceptos como a cantidade, o espazo, a estrutura e o cambio. O alcance do concepto foi evolucionando co tempo, desde o contar e calcular ata abarcar o mencionado anteriormente. Aínda que algúns as consideran como unha ciencia abstracta, a verdade é que non se pode negar que esta inspirada nas ciencias naturais, e un das súas aplicacións máis comúns leva a cabo na Física. A historia das matemáticas comeza coa primeira gran "abstracción", que é o desenvolvemento dos números e o contar. As orixes desta disciplina veñen dados por unha necesidade bastante básica: a necesidade de contar obxectos físicos para o comercio (nos seus inicios o trueque), para clasificar extensións de territorio e para realizar asociacións relacionadas cos astros. Por suposto que a seguinte necesidade foi a de realizar operacións básicas con estes números, para poder facer predicións básicas: o sumar, restar, multiplicar e dividir. Ademais, paralelamente desenvolvéronse os conceptos xeométricos, dos cales temos probas sólidas como os antigos monumentos monolíticos. O seguinte gran paso na historia das matemáticas vén dado polo desenvolvemento de sistemas de notación ou escritura. Os sistemas desenvolvidos foron dunha gran variedade, desde o uso de nós en cordas ata a utilización de conceptos máis abstractos como os números que usamos na actualidade. Un gran paso neste sentido vén dado pola invención do cero na India. A refinación de todos estes conceptos básicos podémolo ver a través da liña do tempo en todas as culturas, en libros provenientes da antiga India, Exipto, Mesopotamia e Grecia. Posteriormente, no século XVI, mediante a interacción entre os novos descubrimentos científicos e as matemáticas, é que o desenvolvemento da disciplina viuse amplamente acelerado, chegando a ser unha das fundacións do coñecemento científico que posuímos hoxe en día. De feito cando falamos de "matemáticas aplicadas", referímonos ao uso das mesmas no contexto específicos das diversas ciencias, e tamén en relación con outros ámbitos. Bueno, pois logo de falar un pouco sobre a historia das matemáticas voi a deixarvos uns poucos entretementos . . . aí van! Isto é unha descrición non-matemática dalgúns termos utilizados en matemáticas ou o que din os profesores, e o que realmente queren dicir: o profesor di: ''claramente'' e en realidade está pensando: ''non quero pasar por todos os pasos intermedios'' o profesor di: ''trivialmente'' e en realidade está pensando: ''se teño que demostrarche porque, equivocáchesche de clase'' o profesor di: ''lles doi unha pista'' e en realidade : ''a forma máis dificil de facelo'' o profesor di: ''o resto é algebra'' e en realidade...: ''esta é a parte aburrida, se non me cren, fágano'' o profeso di: ''demostración falada'' e en realidade...: ''se a escribo, poden atopar os erros'' o profesor di: ''déixoo como exercicio'' e en realidade...: ''estou cansado'' o profesor di: ''demostración formal'' e en realidade...: ''eu tampouco a entendo'' e agora uns chistes, non son moi bos, pero menos dá unha pedra... xD 1-. De que curso de matemáticas fálase sempre en voz baixa, e soloentre amigos ou persoas da maior confianza ? - matemáticas discretas. 2-. Cantos lados ten un circulo ? - Dous, o de dentro e o de fóra. bueno, pois creo que por hoxe chega . . . jiji asi que me despido ata a próxima entrada!! |
1 comentario:
Noraboa polo teu blog, Nerea.
Pasarei por aquí de cando en vez para ler as curiosidades de mates que poñedes.
Saúdos!
Olga
Publicar un comentario