martes, 22 de abril de 2008

Saben matemáticas as abellas?.

Este feito xa foi constatado por Papus de Alexandría, matemático grego que viviu do ano 284 ao 305. A súa afirmación baseábase na forma hexagonal que imprimen ás súas celdillas as abellas para gardar o mel. As abellas, cando gardan o mel, teñen que resolver varios problemas. Necesitan gardar o mel en celdillas individuais, de tal xeito que formen un mosaico sen ocos nin saíntes entre as celdillas, xa que hai que aproveitar o espazo ao máximo. Só poderían facelo con triángulos, cadrados e hexágonos. Por que elixiron entón os hexágonos, se son mais difícil de construír?. A resposta é un problema isoperimétrico (do grego "igual perímetro"). Papus demostrara que, entre todos os polígonos regulares co mesmo perímetro, encerran mais área aqueles que teñan maior número de lados. Por iso, a figura que encerra maior área para un perímetro determinado é o círculo, que posúe un número infinito de lados.Por iso as abellas constrúen as súas celdillas de forma hexagonal, xa que, gastando a mesma cantidade de cera nas celdillas, conseguen maior superficie para gardar o seu mel. A pregunta é: e quen lle ensinou isto ás abellas?....




Agora deixo aqui un ''problema'' sobre as matemáticas, espero que vos guste:

O matemático ignorante

Nas aulas de certa facultade de Matemáticas, podémonos atopar a un estraño personaxe. Certo día, confesoume que tan só sabía multiplicar e dividir por 2.
A pesar de todo, díxome, podo multiplicar rapidamente números de dúas cifras.
Propúxenlle que multiplicase 75 por 38.
Tomou unha folla de papel e escribiu á esquerda 75 e á dereita 38. Logo iniciou os seus cálculos: - A metade de 75 é 37, non é así?.
- Non lle dixen- é 37'5.
- De acordo, pero non sei traballar con decimales, así que non os poño.
Escribiu 37 e, repetindo o proceso, dividiu por dous e obtivo, a pesar das miñas protestas, 18, 9, 4, 2 e finalmente 1. Despois multiplicou 38 por dous. O resultado, 76, escribiuno na fila inferior. Volveu multiplicar por dous e obtivo 152, 304, 608, 1216 e 2432.
Ao final tiña escrito,


75 38
37 76
18 152
9 304
4 608
2 1216
1 2432


Díxome que os números pares da columna da esquerda non servían de nada, así que os tachou (xunto co número que tiñan á súa dereita) co que quedou :



75 38
37 76
9 304
1 2432


Sumando os números da columna da dereita obtivo: 38 76 304 2432=2850, que é o resultado correcto. Probei con outros números e tamén funcionaba o método. Saberías dar unha explicación matemática?.

Agora deixo uns enlaces sobre outros blog de matemáticas:

http://www.x1mais2.blogspot.com/

http://www.xmatesx.blogspot.com/

http://www.lauraa16.blogspot.com/

http://www.estosonlasmates.blogspot.com/



Nada máis por hoxe

2 comentarios:

Alba dijo...

É moi curioso o problema do matemático ignorante, e moi interesante o das abellas.

Pasareime por aquí máis a miúdo.

Un bico!

antia92 dijo...

Moi curioso o das abellas e o problema:) non sabía que xa fixeras o blog,pasareime máis a miúdo.
Saúdos!